Edición de son

Un editor de son é unha aplicación/programa que permite tratar as ondas de son que previamente (ou desde dentro do programa) se dixitalizaron gravándoas no ordenador, ben a través dun micrófono ou dunha entrada de son estándar conectadas á tarxeta de son do ordenador. Non coñecemos da existencia de ningunha aplicación destas características redixida na nosa lingua. Ata hai uns anos as tarxetas de son eran un aditamento nos ordenadores windows que se compraba aparte e acostumaban incluír algún software "de regalo" con algún programa deste tipo. Hoxe en día non é caso porque a tarxeta vai incluída de serie nos ordenadores e non se acostuma subministrar software ningún.
A aplicación máis sinxela e máis útil é a gravadora de son que vén incluída no propio sistema windows, se ben ten poucas posibilidades, non permite editar as ondas e modificalas e xera arquivos de son tremendamente grandes.

 

 

 
 

Requisitos

As condicións mínimas que debe cumprir un editor serían:

  • soportar arquivos en formato .wav
  • permitir recortar, ampliar ou reducir o son e manipulalo, por exemplo, poder reducir ruído de fondo.
  • permitir algún tipo de compresión de son, se ben aquí pode haber problemas de compatibilidade.
 
 
 

O mellor programa en inglés, semigratuíto, é o CoolEdit '96 de Syntrillium
Editor de son dixital moi potente, con funcións de gravación, filtros, reducción de ruídos, distorsións, ecos...

Podes descargar desde aquí o instalador do CoolEdit, ocupa 2011 kb

A versión shareware samente permite utilizar dous grupos de funcións á vez. É recomendable elixir a primeira (Save, external clipboard...) e a quinta (Amplify, envelope, channel mixer and normalize).

Unha función moi práctica de CoolEdit é amplificar uniformemente o volume dun arquivo de son dixital para que se poida escoitar a un nivel óptimo. Esta función denomínase Normalize, e atópase no menú Transform - Amplitude.

CoolEdit serve tamén para gravar os arquivos de son en formato WAV comprimido:

A mellor compresión (divide o tamaño dos arquivos por 6!) obtense co códec MP3, pero ten o inconveniente de que os arquivos gravados neste formato somente se poden escoitar en W95/98. Para gardar un arquivo neste formato hai que facer File - Save as, seleccionar o tipo de arquivo ACM Waveform (WAV), premer en Options e buscar o formato MPEG Layer - 3.

A compresión MS-ADPCM non reduce tanto o tamaño dos arquivos (divide por 2), pero permite utilizalos tamén en Windows 3.x. Para gravar neste formato hai que seleccionar na lista de tipos a expresión Microsoft ADPCM.

Audio Compression Manager, de Andreas "Al" Leeb
Con esta utilidade para Windows 95 poderás comprimir os arquivos WAV das túas actividades Clic.

acmao11.zip (594 Kb)

Os formatos de compresión denomínanse codecs, e hainos de distintos tipos. Para obter uns arquivos de calidade recomendámosche tres cousas:


Utilizar algún outro editor para gravar e modificar os arquivos de son. Asegurarse de que non queden colas de silencio diante ou detrás do son, axustar o volume a uns niveis óptimos e convertelos sempre que sexa posible a 11 KHz - 8 bits - mono.

Facer o proceso de compresión como derradeiro paso na elaboración de arquivos de son: se se fan modificacións sobre un arquivo comprimido podería ser que perdese calidade.

Se queres utilizar as actividades en distintos ordenadores utiliza sempre o codec denominado MS-ADPCM. Malia que non é o que ofrece unha compresión máis elevada, é o único compatible entre Windows 95 e Windows 3.1


Se tes algunha experiencia no uso da internet e no traballo con aplicacións en inglés, podes buscar programas gratuítos ou semigratuítos (versións de demostración, limitadas ou de proba) nestes sitios onde se pode descargar software destas características, desde logo, en inglés:

 

Se algunha das informacións ou ligazóns desta páxina presentan algún erro, por favor, fáinolo saber

 
  atrás  
 
lapisdecores galego21.net 2001