Outros editores

Indícanse aquí outros programas/aplicacións que poden resultar de interese para o traballo con clic. Non xeran contidos diectamete editables ou incorporables a actividades clic, senón que poden ser útiles para aspectos complementares, como poden ser a xeración de executables de instalación, iconos para asociar a paquetes de actividades ou xeradores automáticos de texto.

 

 

 

WordSearch de Steven D. Stern (en inglés)
Programa para xerar sopas de letras. Introduces as palabras que queres que aparezan e creará as distintas combinacións posibles. Podes axustar o número de recadros, decidir se queres palabras en diagonal ou escritas ao revés. Unha vez creadas pódense imprimir e pasalas a Clic.


wordsrch.zip (119 Kb)

 

Image Editor de Microsoft (en inglés)
Este programa serve para crear arquivos ICO que poderá utilizar como iconas nos seus paquetes de actividades nos instaladores creados coa utilidade MKInst.

As iconas débense crear en formato EGA/VGA e teñen sempre unhas dimensións de 32 x 32 pixeles e 16 cores.

Cando debuxe unha icona teña en conta que os puntos pintados coa color "screen" serán transparentes (amosarán a cor que o usuario teña seleccionada para o fondo da pantalla) e os que teñan a cor "inverse" veránse cunha cor inversa á da pantalla do usuario.

imagedit.exe (86 Kb)

Se tes algunha experiencia no uso da internet e no traballo con aplicacións en inglés, podes buscar programas gratuítos ou semigratuítos (versións de demostración, limitadas ou de proba) nestes sitios onde se pode descargar software destas características, desde logo, en inglés:

 

Se algunha das informacións ou ligazóns desta páxina presentan algún erro, por favor, fáinolo saber

 
  atrás  
 
lapisdecores galego21.net 2001