Edición de música

Un editor de música é unha aplicación/programa que permite traballar con música sintetizada. É dicir, codifica a música de maneira parecida (en versión ordenador) ao que sería unha partitura de música, e é capaz de interpretala xerando o son co sintetizador musical que toda tarxeta de son incorpora. Ten os seus defectos ( é música só instrumental e con certo aire a máquina xa que o son é sintético, non gravado) e as súas virtudes (ocupa un espacio mínimo, en comparación cos arquivos de son gravado). O estándar deste tipo de arquivos é o formato MIDI, creado hai xa tempo para intercomunicar instrumentos musicais dixitais.

 

 

 
 

Requisitos

As condicións mínimas que debe cumprir un editor serían:

  • soportar arquivos en formato .mid (MIDI)
  • permitir editar, cortar e separar voces nunha partitura
 
 
 

O creador do clic ten dispoñible o Músic 4.30, de Francesc Busquets
É un editor musical moi sinxelo de utilizar que vos permitirá crear arquivos MIDI para incorporar ás vosas actividades. Trátase dunha aplicación MS-DOS bastante antiga (a primeira versión é de 1987), que se foi actualizando para permitir o uso de tarxetas de son e MIDI.


Preme aquí para ir á paxina do Músic

En realidade moitos dos paquetes clic xa feitos que incorporan música en midi redúcense a empregar un arquivo .mid descargado directamente da internet como música de fondo (por exemplo na cabeceira do paquete). Neste caso non precisas empregar un editor midi para nada. Para localizar arquivos midi podes empregar calquer buscador de información da internet, como google, e empregar a palabra midi dentro da caixa de búsqueda. Unha gran parte destes arquivos presentes na internet son de descarga gratuíta.

Se tes algunha experiencia no uso da internet e no traballo con aplicacións en inglés, podes buscar programas gratuítos ou semigratuítos (versións de demostración, limitadas ou de proba) nestes sitios onde se pode descargar software destas características, desde logo, en inglés:

 

Se algunha das informacións ou ligazóns desta páxina presentan algún erro, por favor, fáinolo saber

 
  atrás  
 
lapisdecores galego21.net 2001