como descargar o clic?
Dispoñemos de dous formatos distintos de instalación:
 
  Descarga do instalador
 
  1 arquivo só
Se vas instalalo no ordenador actual ou distribuílo nunha rede ou cdrom podes baixar o instalador nun só arquivo de 2107 kb.
(demasiado extenso para poder metelo nun diskette, pero máis funcional por ser un arquivo único se o vas instalar nun só ordenador ou nunha rede).
 
 
 
  Descarga  do arquivo zip
 
  en 2 arquivos
Se queres gravar o instalador en disquetes,descarga o arquivo comprimido (zip de 2101 kb). Descompactando este obterás dous arquivos de instalación que caben perfectamente en dous disquetes. Para isto terás que empregar un programa descompresor, como o Winrar.
(a fragmentación en dous arquivos que non rebasan os 1400 kb permite traspasar o programa a ordenadores sen conexión a rede nin a internet, empregando a unidade de disquete).
 
 

lapisdecores galego21.net 2001