|
|
requisitos
Todas as versións do Clic precisan
escasos recursos do ordenador. Os únicos requerimentos son:
- Ter instalada calquer versión de Windows por
riba da 3.1. Non hai requerimentos específicos de cantidade de
memoria, procesador, disco duro. Non chega a ocupar 5 Mb de espacio
no disco. Evidentemente canto maiores sexan os recursos do equipo, máis
rápida e desafogada será a execución do Clic.
- Contar con 256 cores en pantalla. Hoxe en día
os equipos actuais teñen máis capacidade (da orde de millóns
de cores), pero Clic emprega smpre esta limitación (para cada
imaxe) asegurando a compatibilidade con equipos antigos. Clic emprega
as resolucións de pantalla 600x400 e 800x600. Maiores resolucións
non provocan erros no programa pero non son empregadas por Clic, que
limita a actividade a unha zona restrinxida da pantalla nestes casos.
- Nalgunhas actividades ter capacidade
de son. De todos os xeitos o Clic funciona correctamente sen capacidade
de son, as actividades que o requiran non provocaran ningún erro,
pero evidentemente, poden perder o seu sentido ou funcionalidade se
empregaban o son como parte da propia actividad
|



|