| |
Queremos no lapisdecores facilitar o traballo de
todos os mestres que queirades participar nesta iniciativa. Para
iso intentamos orientar o traballo, sobre todo no sentido de evitar
duplicidades, ou polo menos evitar que se produzan por descoñecimento
dalgún material feito ou en proceso. Mantemos un listado
de paquetes en proceso que pode
darche idea de temáticas, suxerencias, material que se está
a elaborar, etc.
Desexamos a túa colaboración. Todo o traballo feito
no lapisdecores é gratuíto e desinteresado, e ofrecémolo
de maneira gratuíta. Pero sen a colaboración doutros
mestres todo o noso esforzo será en van.
Mantemos unha rolda de correo para asesorar a mestres galegos que
se inicien no traballo en clic e para comentar desenrolos en informática
educativa. Podes subscribirte á rolda clicando
aquí
|
|