| |
prestacións
dos programas do contorno clic |
|

|
O programa/aplicación principal do contorno clic chámase
Clic (actualmente é a versión 3.0 a máis reciente,
polo que no ordenador aparece con ese nome clic3.0)
 |
|
 |
| |
Clic 3.0
- Clic permite o deseño, modificación (edición)
e gravación de actividades educativas dos seguintes tipos:
asociacións (unir con frechas ou identificar elementos
nun conxunto), de texto (escribir palabras ou textos, identificar
letras, palabras ou parágrafos, ordenar palabras ou parágrafos),
crebacabezas (de catro tipos distintos), sopas de letras
e encrucillados, dun xeito sinxelo e sen ter elevados coñecimentos
de informática.
- Nestas actividades pódense empregar contidos textuais,
imaxes, son, música, vídeo e mesmo animacións.
- Clic permite igualmente agrupar as actividades en secuencias
(paquetes), se ben ten certas limitacións no encadeamento
de actividades, xa que se centra na secuencia lineal de actividades
e ten pouca predisposición ao plantexamento de ramificacións
e/ou saltos no encadeamento.
- Clic serve igualmente para que os alumnos realicen as actividades
preparadas previamente con facilidade, levando rexistro do tempo,
acertos e fallos de cada alumno en cada actividade e paquete.
Activando un sistema propio de identificación pode gardar
os datos de cada alumno ou alumna durante períodos longos
de tempo, podendo emitir informes individualizados de avaliación
de maneira automática.

|
|
 |
|
 |
|
|

|
|
|

|
 |
|
 |
| |
ClicDB
- É unha utilidade incluída no instalador do Clic,
que permite acceder aos datos do rexistro de usuarios,
é dicir, aos datos que Clic vai gardando de cada utilización
que fai cada alumno ou alumna (acertos, erros, tempo investido,
paquetes efectuados, mesmo xera unha representación gráfica
da curva de aprendizaxe) sempre que estexa activo o sistema de
identificación de alumnos. Clic garda os datos dos
alumnos nunha base de datos de formato Access 1 (tamén
chamadas de tecnoloxía Jet). A aplicación ClicDB
permite efectuar operacións directamente sobre estes datos,
compactalos, organizalos e imprimir informes individualizados
do proceso de aprendizaxe de cada alumno coas actividade clic.
- Para que ClicDB teña datos sobre os que traballar é
preciso que Clic teña activo o sistema de identificación
de alumnos, e se os ordenadores están interconectados en
rede, tamén é necesario que o arquivo de datos sexa
único e que estexa situado nunha carpeta compartida na
rede. Durante o proceso de instalación do Clic pódese,
se se quer, ler e imprimir un documento que explica con detalle
como facer esta operación.

|
|
 |
|
 |
|
| |
|
lapisdecores. galego21.net. 2001
|