información sobre clic

Clic é un programa sinxelo, lixeiro, funcional e gratuíto para uso educativo, que permite crear e editar actividades educativas no ordenador de calquer tema, asignatura ou materia curricular para que os alumnos as realicen, tamén de maneira sinxela e fácil. Poderíamos comparalo co equivalente electrónico do libro de texto e o caderno de actividades. Ademais está integramente traducido ao galego, incluíndo o manual do programa e a axuda.
 

 
  requisitos
máis información
 
 

 

 

Clic ten basicamente dúas funcionalidades:
 
 

Permítelle a un mestre crear actividades co ordenador de tipos variados:actividades de texto, asociacións (unir con frechas), sopas de letras, encrucillados e crebacabezas cun mínimo esforzo e sen requerir coñecimentos especializados de informática.

 

O mesmo programa serve para que o alumno realice as tarefas. Como extensión a isto, o programa permite agrupar as actividades en paquetes secuenciais e autoavaliar o uso das actividades por parte do alumno.

 

Para poderes usar o programa tes que descargalo e a continuación instalalo no ordenador ou ordenadores que desexes.
Desde a aparición do programa moitos mestres e mestras de colexios e institutos de diversos lugares teñen traballado desenrolando actividades para clic.Podes usar libremente estas actividades ou modificar ou crear actividades novas.

lapisdecores galego21.net 2001