| |
Alén
dos recursos en galego do lapisdecores, os creadores do clic,
desde Cataluña, manteñen dous foros de intercambio
sobre clic:
- ClicNews é un boletín de novas multilingüe
no que se dan a coñecer as novas relacionadas co Clic:
aparición de novos paquetes de actividades na web, novas
versións do programa, publicaciones en CD-ROM, etc. Para
darse de alta no boletín
visite esta páxina. Pode consultar os números
publicados nestoutra
páxina.
- ClicForum é unha rolda de correo tamén multilingüe,
aberta á participación de todos os usuarios do
programa. Nela pódense presentar consultas, achegar suxestións,
ideas... e todo tipo de comentarios relacionados co Clic. Por
razóns de seguridade a lista non admite o envío
de mensaxes con ficheiros adxuntos, pero dispoñemos de
unha zona de ficheiro no servidor de e-listas onde se poden
intercambiar materiais e traballar en proxectos conxuntos. Pódese
dar de alta no foro nesta
páxina. Pódense consultar as mensaxes enviadas
á rolda nestoutra
páxina.
|
|