O sistema clic permite
gardar as actividades deseñadas nun formato
propio.
Mestres de lugares diversos e en linguas tamén diversas levan
anos colaborando cos creadores de clic e teñen elaborado unha
importante colección de paquetes de actividades xa montadas,
listas para seren usadas.
O lapisdecores ten á vosa disposición para descargar
todos os paquetes de actividades dispoñibles en lingua
galega, resultado da tradución de paquetes existentes ou
creacións orixinais en galego.
Pode ocurrir que non encontres no listado aquela temática ou característica
que che interesa. Na zona de outras
actividades podes encontrar onde buscar máis actividades ou
crear as túas propias e compartilas.