Comeza a segunda edición de Ciberlingua
Proxecto Ciberlingua
- CXa está aqui a segunda edición de Ciberlingua,
despois do exito da anterior edición na que superou a cifra
de 2000 participantes. Máis información en www.galego21.net/ciberlingua
[21/11/2002]
Xa
podes atopar o MSN en galego
Proxecto Xis - MSN Messenger
Service é un servicio de mensajería instantánea
por Internet que che axuda a manter o contacto cos teus amigos
na rede.
Comproba se os teus amigos están conectados, envía
e recibe mensaxes instantáneas, fala con varios amigos
ó mesmo tempo, e controla quen pode verche e contactar
contigo.
Como engadido,
se inclúe unha utilidade para comprobar se tes correo novo
nas túas contas de Hotmail.
A traducción
foi feita por Rafa Muñoz. Podes ir á súa páxina
de descarga e de información de instalación dende
a nosa sección de software traducido (www.galego21.net/xis/software/software.htm)
[21/11/2002]
Galego21
asina un convenio con Opera Software
Proxecto Xis
- Galego21 acaba de asinar un convenio con Opera Software polo
que se converte no fornecedor oficial das traducións ao
galego do famoso navegador europeo Opera. A partir de agora o
Opera contará cunha versión oficial traducida ao
galego por Galego21. Isto implica que a dita versión conta
cos controis efectuados por Opera Software e garante a calidade
e total funcionamento da aplicación.
Ademais Galego21
e Opera Software poñen ao dispor dos internautas a versión
5.12 totalmente traducida ao galego, incluíndo a axuda, intalación
e 'consellos'.
Pódese
descargar ben dende o servidor de Galego21 (www.galego21.net/xis/software/opera.htm)
ou ben dende as páxinas de Opera
www.galego21.net/xis
[03/12/2001]
Ponse
en marcha Ciberlingua
Proxecto Ciberlingua
- Ciberlingua é un proxecto de normalización lingüística dirixido
á mocidade que vai usar como instrumento as ferramentas informáticas
existentes en galego. As entidades que participan no seu desenvolvemento
son: galego21.net, os Concellos de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Santiago
e Vigo, a CIG-Ensino e a AS-PG. Búscase a extensión do uso do
galego no eido da informática, nomeadamente na Internet dentro
das comunidades educativas dos concellos. Para máis información
achegate á web do proxecto en www.galego21.net/ciberlingua
[27/09/2001]
Xa
está dispoñibel o WinRar 2.71.
Proxecto Xis - WinRAR
é a versión para Windows do compresor RAR, unha ferramenta moi
poderosa que che permite crear, manexar e controlar arquivos RAR
e Zip, estes últimos cun ratio de compresión superiror ao famoso
WinZip. Esta ferramenta é necesaria para calquera que traballe
con ficheiros.
[19/06/2001]
O
Opera 5.02 xa está en galego.
Proxecto Xis - O famoso
navegador Opera que está facendo tremer a Microsoft xa
está en galego.
O grupo de traballo do Proxecto Xis acaba de poñelo a disposición
de todos os internautas para a súa descarga de balde. Este
navegador pasa por ser o máis rapido e lixeiro na actualidade,
ademais cumpre todos os estandares do WWW Consortium.
Nesta versión
non está traducida a axuda, estase a traballar xa na versión
5.11 que sairá coa axuda e os consellos totalmente traducidos.
[28/05/2001]
Campaña 'En liña co galego'
galego21.net - Concello de Ferrol -
O vindeiro 2 de abril vai ter lugar en Ferrol a presentación pública da
campaña "En liña co galego". Trátase dunha actuación promovida por galego21.net coa colaboración do Concello de Ferrol (Normalización
Lingüística e Mocidade) e que se vai desenvolver no marco do programa
ARDORA (noites alternativas para a mocidade). [30/03/2001]
Enchemos o Recuncho do Clic
Lapis de Cores -
O Recuncho do Clic de Lapis de Cores vai medrando. Xa contamos con 52 actividades na nosa lingua feitas ou traducidas por voluntarios galegos. Ademais rematamos a traducción do Curso de Creación de Actividades Clic. Este curso fará que lles sexa máis doado aos mestres crear actividades Clic para usar nas escolas - [22/12/2000]
Outro paquete de traducións
Proxecto Xis - O grupo de traballo do Xis está traballando arreo, esta vez pon á nosa disposición 3 programas máis en galego. Estos son: O InstallMaker que permite facer instalacións de programas e/ou aplicaicóns en galego. O ConText un editor de texto que mellora enormemente o Bloc de Notas do Windows e esta pensado especialmente para programadores, aportandolles unha chea de utilidades. E para rematar temos o CplusWin que invirte o sinal de audio de 12.8 Khz., para probalo podemos escoitar o sinal decodificado de audio de Canal + dende o noso ordenador. - [16/10/2000]
|