páxina principal todos os proxectos de galego21 bótanos unha man queremos saber o que pensades quen está detrás disto  

Arquivos de novas
   

Enchemos o Recuncho do Clic

Lapis de Cores - O Recuncho do Clic de Lapis de Cores vai medrando. Xa contamos con 52 actividades na nosa lingua feitas ou traducidas por voluntarios galegos. Ademais rematamos a traducción do Curso de Creación de Actividades Clic. Este curso fará que lles sexa máis doado aos mestres crear actividades Clic para usar nas escolas - [22/12/2000]

Outro paquete de traducións

Proxecto Xis - O grupo de traballo do Xis está traballando arreo, esta vez pon á nosa disposición 3 programas máis en galego. Estos son: O InstallMaker que permite facer instalacións de programas e/ou aplicaicóns en galego. O ConText un editor de texto que mellora enormemente o Bloc de Notas do Windows e esta pensado especialmente para programadores, aportandolles unha chea de utilidades. E para rematar temos o CplusWin que invirte o sinal de audio de 12.8 Khz., para probalo podemos escoitar o sinal decodificado de audio de Canal + dende o noso ordenador. - [16/10/2000]

O Word 97/2000 xa está no noso idioma

Proxecto Xis - Por fin poderemos traballar co procesador de textos máis empregado con todos os menús en galego. Unha ledicia. Descárgao dende o Proxecto Xis - [10/10/2000]

3 programas máis en galego

Proxecto Xis - Xa se pode descargar o Netvampire 3.3 coa axuda traducida completa. Ademais esta dispoñíbel o Bloc de Notas para o Windows 2000, e o RegCleaner 3.5, unha ferramenta moi util que sirve para limpar o rexistro de Windows das entradas que estan corruptas, mellorando o rendemento de todo o sistema - [6/10/2000]

Traballa en galego co teu ordenador

Proxecto Xis - O WinAmp, WebCopier, LeechFtp, Easy CD, WebZip, Mozilla 6,e moitos máis xa están en galego para que ti os baixes de balde. Taballa xa en galego co teu ordenador, busca o teu programa - [18/09/2000]

Novas páxinas do XIS

Proxecto Xis - O Proxecto Xis acaba de reorientarse. Agora vai a abarcar a tradución/creación de software de libre distribución. Podes atopar máis información nas novas páxinas do Xis - [17/09/2000]

¡Atopamos un novo planeta!

Lapis de Cores - Hoxe atopamos un novo astro no ceo: o Planeta Tartaruga. Este planeta está habitado por tartarugas que falan gaLogo, unha mestura de galego e a linguaxe de programación Logo, creada hai 30 anos por Seymour Papert. Para máis información visitade o sitio de Lapis de Cores - [18/02/2000]

Presentamos o Proxecto Lapis de Cores

Lapis de Cores - Con este proxecto estamos intentando crear unha comunidade virtual para os profesionais do ensino en Galicia. O obxectivo xeral desta iniciativa é crear un área de encontro para os profesionais do ensino en galego, onde poidan atopar materiais que lles axuden no desenvemento da súa actividade e trocar ideas e experiencias con outros profesionais - [14/01/2000]

Presentación no Clube de Prensa

Proxecto Xis - Presentámos o Xis no Clube Internacional de Prensa (CIP) de Galicia en Santiago de Compostela. Despois de moito esforzo do gabinete de prensa na organización deste evento conqueriuse unha moi boa acollida do noso traballo por parte dos medios de comunicación - [14/04/1999]

Novas por Correo
Se quere recibir as nosas novas por correo electrónico, envíe unha mensaxe baleira a este enderezo



© 1998-2000 galego21.net