| Estatutos de galego21.net | |||
|
Para poder asinar convenios con institucións creamos unha ONG que nos respalda. Como queremos que o noso traballo sexa transparente para toda a xente poñemos os nosos estatutos en liña. CAPÍTULO 1 CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN, ÁMBITO TERRITORIAL, FINS, ACTIVIDADE, DURACIÓN E DOMICILIO PRINCIPAL Artigo 1.- Coa denominación de "INSTITUTO DE DESENVOLVEMENTO DO SOFTWARE GALEGO", en adiante IDESGA, constitúese unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como ámbito da súa actuación o territorio da comunidade autónoma galega, con personalidae xurídica propia independente da dos seus propios socios, que se rexerá polos presentes estatutos, pola Lei de asociacións e demais lexislación concordante. Artigo 2.- Os fins desta Asociación son:
Para cumprir os ditos obxectivos, a asociación poderá levar adiante, entre outras, as seguintes medidas:
Artigo 3.- O domicilio social da asociación está na Rúa %%%% de Santiago de Compostela (A Coruña) Artigo 4.- A Asociación desenvolverá as súas actividades na comunidade autónoma galega, terá duración indefinida e só se disolverá por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria ou por calquera das causas previstas nas leis. Artigo 5.- A Asociación quedará legalizada para efectos dos seus propios fins, unha vez que se produza a súa inscrición no correspondente Rexistro. CAPÍTULO II DOS SOCIOS, AS SÚAS CLASES, DEREITOS E DEBERES, PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E PERDA DA CONDICIÓN DE SOCIOS Artigo 6.- Os socios poderán ser: fundadores, de honra e numerarios. Son socios fundadores aqueles que subscriben a Acta Fundacional. Serán socios de honra todas aquelas persoas ou institucións que, a xuízo da Asemblea Xeral, colaboren de forma notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación. Considéranse socios numerarios os que ingresen con posterioridade á subscrición da Acta Fundacional. Artigo 7.- Os socios fundadores e numerarios teñen os seguintes dereitos:
Artigo 8.- Son obrigas dos socios fundadores e numerarios:
Artigo 9.- Os socios de honra non intervirán na dirección da Asociación nin nos seus órganos de representación. Tampouco poderán investiga-los usos dos seus fondos pero si están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz e sen voto. Así mesmo, poderán facerlle á Xunta Directiva as suxestións que estimen convenientes así como presentaren escritos ás asembleas xerais. Artigo 10.- Perderase a condición de socio nos seguintes casos:
Artigo 11.- Correspóndelle á Xunta Directiva adopta-los acordos de admisión de socios. Para ser admitido como socio será necesario presenta-la correspondente solicitude avalada por dous socios numerarios ou fundadores. Contra o acordo de denegación da condición de asociado, no prazo de dez días hábiles dende a notificación, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Asemblea Xeral Extraordinaria. Contra a resolución da Asemblea Xeral Extraordinaria poderá interpoñerse un recurso ante a xurisdicción ordinaria nos prazos establecidos na lexislación vixente. Artigo 12.- A expulsión de socios será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria nos prazos sinalados na lexislación vixente. CAPÍTULO III ÓRGANOS DIRECTIVOS E DE REPRESENTACIÓN. A ASEMBLEA XERAL E A XUNTA DIRECTIVA. Artigo 13.- Son órganos da Asociación:
DA ASEMBLEA XERAL Artigo 14.- A asemblea xeral de socios é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos membros da mesma. As asembleas poderán ser ordinarias ou extraordinarias. Artigo 15.- Serán competencias da asemblea xeral ordinaria:
Artigo 16.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
Artigo 17.- As asembleas, tanto ordinarias coma extraordinarias, estarán integradas polos socios asistentes, sempre que concorra a metade mais un do total de asociados na primeira convocatoria ou, transcorrida unha hora e en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo 18.- A asemblea xeral ordinaria reuniranse necesariamente dentro do mes seguinte ó peche do exercicio de cada ano e será convocada con 15 días de antelación pola presidencia da Xunta Directiva mediante un anuncio colocado no domicilio social ou citación persoal, que expresará ademais a orde do día. Artigo 19.- A asemblea xeral extraordinaria reunirase en convocatoria especial a petición da Xunta Directiva ou 1/3 dos socios, cos mesmos requisitos que se especifican nos dous artigos anteriores. Artigo 20.- O presidente e o secretario das asembleas xerais serán tamén os da Xunta Directiva. Artigo 21.- Os acordos adoptados deberán selo por voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, agás dos relativos ós apartados a) e h) do artigo 16 que requirirán da maioría dos dous tercios. De seguido levarase un libro de actas que asinará o presidente, o secretario e dous socios como mínimo dos asistentes. Artigo 22.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos socios, mesmo ós non asistentes. Artigo 23.- Os acordos contrarios ós Estatutos ou que infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición ante a asemblea xeral no prazo de dez días hábiles. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer ante a xurisdicción ordinaria, nos prazos sinalados na lexislación vixente. DA XUNTA DIRECTIVA Artigo 24.- A Xunta Directiva estará integrada por un presidente, un vicepresidente, un secretario, o tesoureiro e catro vocais. Artigo 25.- Os cargos da Xunta Directiva terá unha duración de dous anos. Os seus membros poderán ser reelixidos ó remata-lo mandato. Artigo 26.- As vacantas que se produzan na Xunta Directiva, cubriranse mediante convocatoria en Asemblea Xeral Extraordinaria, no prazo máximo de 30 días. Artigo 27.- Reunirase unha vez ó mes, ou máis, cando así o solicite o presidente ou tres dos seus membros. Artigo 28.- Os acordos tomaranse por maioría simple e, para ser válidos, requirirán da presencia da metade máis un dos seus compoñentes. No caso de empate decidirá o voto do Presidente. Artigo 29.- Serán competencia do presidente:
Artigo 30.- Haberá un vicepresidente de igual forma que o presidente, no que este delegará as funcións que estime necesarias, e que substituirá ó presidente nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo 31.- Serán competencias do secretario:
Artigo 32.- Correspóndelle ó tesoureiro:
CAPÍTULO IV PATRIMONIO FUNDACIONAL, RECURSOS ECONÓMICOS PREVISTOS, FORMA DE ADMINISTRACIÓN E LÍMITES DO ORZAMENTO ANUAL Artigo 33.- A Asociación ó inicia-las súas actividades conta co patrimonio que doan os socios fundadores consistente en:
Artigo 34.- Ademais do patrimonio inicial a Asociación utilizará, en cumprimento dos seus fins, os seguintes medios económicos:
Artigo 35.- As cotas obrigatorias estableceraas a Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en ningún caso e dedicándose a atende-las necesidades da Asociación. Artigo 36.- As achegas voluntarias consideraranse como préstamos sen xuros, reintegrables nas condicións que se pacten. Artigo 37.- Para a admisión de novos socios, poderá ser fixada pola Xunta Directiva, como achega inicial non reintegrable, unha cantidade discrecional. Artigo 38.- Anualmente e no tempo que establece o artigo 18 será aprobado o orzamento pola asemblea xeral. O límite do orzamento xeral ordinario fíxase en QUINCE MILLÓNS DE PESETAS //15.000.000 pts//. CAPÍTULO V. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN E LIQUIDACIÓN DO PATRIMONIO Artigo 39.- A Asociación disolverase polas seguintes causas:
Artigo 40.- Disolta a Asociación, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará dous socios liquidadores que xunto co presidente e o tesoureiro procederán a efectua-la liquidación, pagando as súas débedas, cobrando os seus créditos e fixando o haber líquido restante. Artigo 41.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación será repartido entre os socios. O resto do patrimonio, marcas e rexistros, doaranse unha institución pública ou a unha organización social sen ánimo de lucro con intereses e obxectivos semellantes ós desta asociación.
|
|||
| © 1998-2000 galego21.net |