|
Ciberlingua
é un proxecto de normalización lingüística dirixido
á mocidade que vai usar como instrumento as ferramentas informáticas
existentes en galego.
As
entidades que participan no seu desenvolvemento son os Concellos de Ferrol,
Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo así como a CIG-Ensino, AS-PG e galego21.net.
Búscase
a extensión do uso do galego no eido da informática, nomeadamente
na Internet dentro das comunidades educativas dos concellos.
O
manexo das Tecnoloxías da Información e Comunicación
(TIC) que impón a dinámica social, require unha "nova alfabetización".
Unha porcentaxe significativa de nenos e xoves está accedendo a esa
segunda alfabetización a través da educación informal.
Xa que logo, o reto está tanto en evitar o desfase escola-sociedade
coma en que o ensino público xogue un papel "equilibrador"
para evitar a exclusión social e doutro tipo no acceso ás TIC.
Ciberlingua
é unha actuación dirixida a popularizar, dende o galego, o uso
das TIC tanto nas comunidades educativas coma nos contornos e lugares de relación
dos rapaces e rapazas.
Trátase
dunha iniciativa que vai chegar ao profesorado, ao alumnado,e a pais e nais
do1º ciclo da ESO. Aos cales se pretende formar para ser creadores de
contidos, e non meros receptores dun espacio propio, galego e en galego, de
comunicación.
|