| Acordos de colaboración | |||
|
Nesta páxina teremos os acordos e convenios de colaboración asinados por galego21.net con distintas entidades: Universidade de Santiago de Compostela (acordo marco) | Concello de Ferrol (decembro 2000) ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) E galego21.net En Santiago de Compostela, o ... de ..............de 2000, reúnense o Sr. Darío Villanueva Prieto, rector da USC, con razón social no Colexio de San Xerome, na Praza do Obradoiro s/n de Santiago de Compostela, e mais o Sr. Roberto Abalde, presidente do Instituto de Desenvolvemento de Software en Galego, en diante galego21.net, con domicilio social na Rúa %%%%%% de Santiago de Compostela (A Coruña). Ambas as partes recoñécense capacidade xurídica e poder abondos para obraren, e EXPOÑEN: 1. Que a USC, segundo o art. 3.2 dos seus Estatutos, ten a obriga de promover, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega. 2. Que galego21.net é unha asociación sen ánimo de lucro, que, segundo o artigo 2 dos seus Estatutos, ten como fins a) promover a existencia de software de libre distribución en galego, e b) promover a existencia de recursos galegos en Internet. Para isto a asociación pode levar a cabo, entre outras, as seguintes medidas:
3. Que tanto a USC como galego21.net consideran de interese común a cooperación en tales materias, e sobranceiramente, no desenvolvemento de productos de software en galego e na súa difusión. 4. Que é desexo da USC e de galego21.net subscribir un acordo marco de colaboración que instrumente e regule as súas relacións, con carácter xeral, e, de ser o caso, mediante convenios específicos. Por todo o dito, ambas as partes acordan asinar este acordo marco de colaboración con base nas seguintes CLÁUSULAS 1. O obxecto deste acordo marco é regular a colaboración entre a USC e galego21.net. 2. Ó abeiro deste acordo marco, realizaranse actividades e proxectos que obedezan ós obxectivos das dúas entidades, as cales deberán ser concretadas en cadanseu programa de colaboración específico, no que figurará:
3. Dado que as actividades e proxectos que se realicen ó abeiro deste acordo marco deberán ser concretadas, este acordo marco non contén consignación presupostaria ningunha. 4. Este convenio comezará a producir os seus efectos a partir da data do seu asinamento, logo dos trámites pertinentes. Ha ter unha duración de dous anos, e poderá ser renovado tacitamente de non se manifestar en contra ningunha das partes. 5. As partes poderán denunciar ou modificar este documento en calquera momento e de mutuo acordo. 6. No caso de que algunha das partes decida rescindir este acordo marco, debe anunciarllo á outra parte con, cando menos, tres meses de antelación. Non obstante, os proxectos e actividades específicos que se estean a desenvolver no momento de se declarar a terminación deste convenio, continuarán desenvolvéndose ata a súa total conclusión baixo as bases que orixinariamente se acordaron. 7. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas mediante este acordo marco por unha das partes facultará á outra para rescindilo, de xeito que queden automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o proxecto do programa realizado. 8. Os acordos que se reflicten neste convenio marco e nos convenios específicos a que dea lugar, teñen carácter administrativo, e non se derivan deles, con carácter xeral, dereitos ou obrigas laborais. 9. No prazo de 30 días hábiles contados a partir da data de asinamento do presente acordo marco, hase constituír unha comisión mixta, con representantes designados polos órganos rectores das dúas partes, en réxime de paridade. A dita comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas deste convenio marco, e entenderá e resolverá tódalas cuestións relacionadas cos posibles convenios específicos. A comisión mixta hase reunir sempre que o solicite unha das partes, e cando menos unha vez ó ano presentaralles informes e propostas ós órganos rectores das dúas partes. 10. As cuestións litixiosas referidas á interpretación, modificación, resolución e efectos deste acordo marco han ser resolvidas, en primeira instancia, pola comisión mixta paritaria, e de non seren resolvidas por esta, hanse someter á resolución dun procedemento arbitral. En proba de conformidade asinan o presente acordo marco en exemplares duplicados, no lugar e data indicados ó principio do documento. Pola USC, O rector, Darío Villanueva Prieto Por galego21.net, O presidente, Roberto Abalde
CONVENIO ADMINISTRATIVO ENTRE O CONCELLO DE FERROL E O INSTITUTO DE DESENVOLVEMENTO DO SOFTWARE GALEGO - galego21.net (IDESGA - galego21.net) No Concello de Ferrol, o día 22 de decembro de 2000 REUNIDOS Por unha parte, o alcalde de Ferrol, D. Xaime Bello Costa, alcalde-presidente do Excmo. Concello de Ferrol, en representación legal deste, que lle outorga o artigo 21 da Lei 7/85, do 2 de abril. Por outra parte, o vicepresidente do Instituto de Desenvolvemento do Software Galego-galego21.net (IDESGA-galego21.net), don Camilo Regueiro López, veciño de Santiago de Compostela, en representación do citado instituto e con DNI %%%%%% Ámbalas dúas partes recoñécense capacidade xurídica suficiente para establecer este convenio. ANTECEDENTES
CLÁUSULAS Primeira. O Instituto de Desenvolvemento do Software Galego - galego21.net (IDESGA - galego21.net), comprométese a elaborar e entregarlle ó Concello de Ferrol o seguinte material:
Segunda. O Concello de Ferrol aboaralle ó O Instituto de Desenvolvemento do Software Galego-galego21.net (IDESGA-galego21.net), a cantidade de CATROCENTAS MIL PESETAS #400.000 pts.# en concepto de gastos derivados da elaboración de todo o material citado para o proxecto, do asesoramento técnico para levar adiante esta campaña así como para contribuír ó financiamento das actividades de adaptación ó galego de software de libre distribución. O pagamento efectuarase trala entrega do material citado e unha vez que IDESGA-galego21.net lle remita a factura correspondente ó Concello de Ferrol. Terceira. O IDESGA-galego21.net debe entregar todo o material citado na cláusula primeira con antelaclón suficiente para o desenvolvemento dunha campaña dirixida ós cíbers, asociacións xuvenís e estudiantís que dará comezo no mes de xaneiro de 2001. Cuarta. O Concello de Ferrol comprométese a editar os CD-ROM cos programas, ó deseño e edición das carátulas dos CD-ROM, manual de instalación, carteis e folletos da citada campaña e a distribuír os soportes entre a mocidade ferrolá a través dos cíbers, asociacións xuvenís, estudiantís e institutos. Quinta. Este convenio ten natureza xurídico-administrativa e queda facultado o Concello para interpretar as dúbidas que xurdan no referente ó seu cumprimento que serán de estricta observación nas súas decisións. Sexta. Todos os documentos e materiais que se dereiven desta relación de vencellamento entre o Concello de Ferrol e galego21.net, redactaranse en lingua galega, así como toda presencia pública (rótulos, indicadores na rúa, publicidade de calquera tipo, etc.) que as partes realicen referentes ó asunto deste contrato. Sétima. Para o non previsto no presente contrato, será de aplicaciíon a normativa establecida sobre contratos. Oitavo. Ambas as partes obríganse ó exacto cumprimento con estricta suxeición ás cláusulas deste contrato. En proba de conformidade, asinan este convenio, por duplicado exemplar, no lugar e data da cabeceira. O alcalde do Concello de Ferrol O vicepresidente de galego21.net
|
|||
| © 1998-2000 galego21.net |